Debuxando do natural. Sarah-Marie Shaboyan

Debuxando do natural. Sarah-Marie Shaboyan

Espazos

Casa de Europa é un dos edificios do Parque de Vista Alegre, un paque que conserva as evidencias do xardín privado que foi: no seu opaco peche, nas estatuas que gardan o camiño, nas súas árbores 'palmeiras, laranxeiras, maceiras, camelias, araucarias, etc., algunhas delas centenarias- e na súa glorieta e outros recantos asombrados que invitan a sentar e descansar. Sobre esta propiedade, que pertenceu aos Simeón, unha importante familia de banqueiros da cidade, ademais da casona de estilo colonial de principios do XX -hoxe selecto aloxamento de académicos universitarios chamado 'Casa de Europa'-, érguense agora edificios de deseño contemporáneo como o Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago, a Escola de Altos Estudos Musicais, o Museo de Historia Natural Luis Iglesias e o edificio sede da SGAE.

Sarah-Mari Shaboyan [+info]

Materiais necesarios: -Papeis soltos ou caderno A4 - Lapis de cores - Marcadores -Depósito de auga, pinzas e soporte ríxido para suxeitar o papel. A organización recomenda levar unha cadeira pregable para que sexa máis cómodo debuxar no exterior. Ademais, á hora de escoller o papel, lembrámosvos que normalmente chove e hai moita humidade no ambiente.

Venres 8 e sábado 9 de novembro de 2024

De 09:00 a 12:00 h.

Casa de Europa
Parque de Vista Alegre


Descripción

O mesmo taller realizarase o venres 8 e sábado 9. Neste taller desenvolveremos a capacidade de transferir o que vemos directamente ao papel, sen ningún tipo de medo nin de resistencia. Traballaremos a habilidade de representar a natureza de diferentes xeitos, facendo fincapé no debuxo lineal. Aprenderemos a entender a lóxica da distribución dos tons na forma, con ferramentas básicas e coñecemento das técnicas.