Pierre Amoudry [+info] |
|
Materiais necesarios: - Papel de calidade, preferentemente liso (mínimo A3 mínimo e 100 gr.). - Acuarelas. - Lapis de cor non acuarelables: branco e negro, dous o tres tipos de marróns, cores frías (verde/azul, violeta, grises...) e cálidas (alaranxados, amarelo/verde, rosa...) - Afialapis ou coitela. Gomas e regras están prohibidas!!! - 3 pinceis: ancho, mediano e fino. -Depósito de auga, pinzas e soporte ríxido para suxeitar o papel. A organización recomenda levar unha cadeira pregable para que sexa máis cómodo debuxar no exterior. Ademais, á hora de escoller o papel, lembrámosvos que normalmente chove e hai moita humidade no ambiente. |
|
Venres 8 e sábado 9 de novembro de 2024 |
|
De 09:00 a 12:00 h. |
|
Colexio de Fonseca |
|
DescripciónO mesmo taller realizarase o venres 8 e sábado 9. O obxectivo deste taller é observar, dedicar un tempo a entender a arquitectura que imos ver e plasmala nun bosquexo cos conceptos básicos de perspectiva. Elixiremos a composición que se axuste á nosa visión e ao traballo, primeiramente como un esbozo a lapis. A seguir, familiarizarémonos coa ilustración que temos entre mans e perfeccionaremos a técnica da acuarela. A idea global destas tres horas de traballo consistirá en redescubrir o debuxo académico para apoiar de maneira axeitada as diferentes formas de abordar a cor, mentres simplemente nos divertimos cun tema aparentemente complexo. |