Pop, non sense, animalario. João Catarino.

Pop, non sense, animalario. João Catarino.

Espazos

Museo de Historia Natural Luís Iglesias Acolle a colección da Universidade de Santiago, iniciada en 1840, nun novo edificio deseñado polo arquitecto galego César Portela e situado nun extremo do parque de Vista Alegre, delimitado polo río Sarela. O edificio, de traza lonxitudinal e baixa altura, estrutura os seus espazos expositivos de acordo coas catro seccións principais do museo, dedicadas á zooloxía, a botánica, a xeoloxía e a antiga colección de dioramas, restaurados para a súa nova instalación. Información https://www.santiagoturismo.com/

João Catarino [+info]

Materiais necesarios: - Caderno dun tamaño non inferior a A5. - Tesoiras ou coitela. - 3 rotuladores de dobre punta de cores primarias (ciano, maxenta e amarelo). -Depósito de auga, pinzas e soporte ríxido para suxeitar o papel. A organización recomenda levar unha cadeira pregable para que sexa máis cómodo debuxar no exterior. Ademais, á hora de escoller o papel, lembrámosvos que normalmente chove e hai moita humidade no ambiente.

Venres 8 e sábado 9 de novembro de 2024

De 09:00 a 12:00 h.

Museo de Historia Natural
Parque Vista Alegre, s/n


Descripción

O mesmo taller realizarase o venres 8 e sábado 9. Este taller está inspirado no famoso libro de ilustracións Animalario universal del profesor Revillod. Dende unha perspectiva non científica, pero a través dunha atenta observación, debuxaremos diversas especies animais. Empregaranse rotuladores de cores primarias superpostas para explorar, esencialmente, manchas cromáticas vibrantes e contrastadas, con liñas só para algúns contornos e texturas que podemos encontrar dentro das formas dos animais. Unha vez seleccionadas e debuxadas algunhas especies, cortaranse as follas do caderno en tres tiras previamente definidas, separando as extremidades de cada animal en tres partes. Ao xirar as tiras do caderno por separado, articularanse de xeito estrafalario novas especies de animais, híbridos e estrambóticos, establecendo xogos anatómicos sen sentido, así como xogos cromáticos formados por cores primarias superpostas.