Interpretar mais que imitar. Iwona Flaszczynska

Interpretar mais que imitar. Iwona Flaszczynska

Espazos

Campus Sur En 1929 aprobouse un ambicioso proxecto para a dotación de residencias de estudantes e doutras necesidades da Universidade, que foi a base do actual Campus Sur. Este proxecto supuxo unha ampliación -e tamén unha alternativa- á conxestionada cidade existente, seguindo as ideas hixienistas decimonónicas de 'cidade verde', 'cidade xardín'. O trazado xeral baséase nun eixo que mira a poñente desde a escalinata que o conecta coa Alameda, e que relaciona zonas verdes, equipamentos deportivos e residencias. Desde a cima da grande escaleira gózase dunhas magníficas vistas do conxunto, así coma do monte Pedroso e do val da Amaía. A auga que brota ao pé da escaleira percorre o paseo central dando lugar a estanques e fontes. Os xardíns formalízanse cun rigoroso trazado xeométrico: prados, terrados, estanques e camiños enlázanse mediante paseos nos que podemos atopar unha gran diversidade de árbores e plantas ornamentais -tuias, camelias, magnolios, piñeiros, cedros, cimbros, ginkgos...-, constituíndo un peculiar xardín botánico urbano.

Iwona Flaszczynska [+info]

Materiais necesarios: - Lapis HB e B. - Goma e afialapis. - Rotuladores calibrados de grosores 0,2, 0,5 e 0,8. - Acuarela en pastillas, caixa de 12 a 16 colores. - 3 ou 4 pinceis redondos con punta fina de diferentes grosores (2, 8, 14). Mellor petit gris ou pelo de marta ou imitación. Se non, utilizaremos os sintéticos. - Un caderno tamaño A4, papel a partir de 200 gr. - Recipiente para a auga. - Papel secante. - Dúas pinzas para aguantar as follas do caderno. - Un tallo pregable. -Depósito de auga, pinzas e soporte ríxido para suxeitar o papel. A organización recomenda levar unha cadeira pregable para que sexa máis cómodo debuxar no exterior. Ademais, á hora de escoller o papel, lembrámosvos que normalmente chove e hai moita humidade no ambiente.

Venres 8 e sábado 9 de novembro de 2024

De 09:00 a 12:00 h.

Campus Sur
Av de Antonio Raimundo Ibáñez,


Descripción

O mesmo taller realizarase o venres 8 e sábado 9. O obxectivo do taller é facer unha composición completa que, non obstante, terá os seus espazos reservados para o branco, buscando a importancia do detalle que eliximos como protagonista. Os brancos que deixamos, xunto coas sombras ben marcadas, axudarán a realizar o debuxo completo. Seguiremos os seguintes pasos: facer unha composición consciente; decidir a importancia dos elementos da composición e as prioridades tendo en conta os espazos en branco; aprender a valorar os claroscuros (por medio de exercicios en b/n), mediante a observación demorada das sombras; aproveitar os espazos en branco, realzando asemade o contraste entre as sombras e as luces; sacar o lado creativo á hora de tomar decisións sobre as prioridades na composición.