Diviértete coa acuarela! Daniel Pagáns

Diviértete coa acuarela! Daniel Pagáns

Espazos

Facultade de Xeografía e Historia S. XVIII. Neoclásica. Este edificio neoclásico de enormes columnas foi levantado con plans de Melchor de Prado entre 1769 e 1805, no soar que ocupara o colexio da Compañía de Xesús. O último piso engadiuse a finais do s. XIX. O frontis que representaba a Minerva fpi substituído entón polas estatuas xigantes dos benefactores da Universidade: Lope Gómez de Marzoa, Juan de Ulloa, Álvaro de Cadaval e o conde de Monterrei. No seu interior destacan o claustro axardinado con fonte, o paraninfo con frescos de Fenolera e González, e a sala de lectura, así como as terrazas con vistas a toda a cidade. Información https://www.santiagoturismo.com/

Daniel Pagáns [+info]

Materiais necesarios: - Caderno, bloque de notas ou follas soltas para pintar con acuarela. - Caixa de acuarela con cores básicas. - Pinceis para acuarela e bote pequeno para a auga. - Lapis e goma. - Rotulador de punta fina ou pluma estilográfica con tinta resistente á auga. -Depósito de auga, pinzas e soporte ríxido para suxeitar o papel. A organización recomenda levar unha cadeira pregable para que sexa máis cómodo debuxar no exterior. Ademais, á hora de escoller o papel, lembrámosvos que normalmente chove e hai moita humidade no ambiente.

Venres 8 e sábado 9 de novembro de 2024

De 09:00 a 12:00 h.

Terraza da Facultade de Xeografía e Historia


Descripción

O mesmo taller realizarase o venres 8 e sábado 9. Divírtete coa acuarela. Neste taller imos experimentar con esta técnica para darlles cor e forza aos nosos cadernos. Aproveitaremos as mesturas incontrolables que a acuarela nos regala cando as cores se tocan de maneira espontánea no papel. Tamén practicaremos os conceptos básicos da composición e do valor tonal, realizando diferentes exercicios rápidos na localización elixida. Isto axudaranos a entender como representar as luces e as sombras nos nosos bosquexos.