Obradoiro de Retrato

Obradoiro de Retrato

Espazos

Crear dous retratos, un expresivo a través do que vemos e otro simbólico que vaia un pouco máis aló do que o ollo rexistra.

María Herreros [+info]

Acuarela e papeis de distintos gramaxes

Venres, 7 de agosto de 2020

De 18:00 a 19:00 h.

A Horta do Obradoiro
Rúa das Hortas 16


Descripción

Neste taller queremos ver as diferenzas entre retrato expresivo e retrato simbólico, e a partir dunha mesma modelo poder facer estas dúas opcións. O retrato expresivo depende moito da expresión gestual e facial do representado. Poderíase dicir que é máis primario, porque as sensacións son moi evidentes. Lese máis rápido e conecta con emocións máis básicas, aínda que pode representar sentimentos moi complexos. Con todo, no retrato simbólico non necesitamos aplicar emocións no rostro. Falamos do personaxe con puntos simbólicos que introducimos no retrato. Necesítase unha segunda lectura, máis profunda que o primeiro impacto inicial visual.