O proceso artístico como ferramenta de transformación

O proceso artístico como ferramenta de transformación

Espazos

Nacer como artista non é unha decisión, é unha necesidade. Iso implica intercambiar escenarios, facerse preguntas gráficas, desvelarse no papel para atopar, ser conscientes de todos os elementos e ferramentas cos que traballamos, reinventarse. A reinvención é una experimentación difícil, e máis se se busca a través do grafismo e a imaxe, para o cal é moi importante perder o medo.

Guridi [+info]

Papel A3. Carbonciño. Unha fotografía de rapaz/a. Recortes de papel. Un obxecto atopado.

Sábado, 9 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Casa de Europa
Parque de Vista Alegre


Descripción

Actividades de creación orientadas á busca da identidade gráfica, experimentación con materiais e conceptos derivados da serendipia.