Sentir, pintar

Sentir, pintar

Espazos

Experimentaremos co valor e a intención do trazo e a mancha de cor. Formas de abordar o debuxo a nivel de composición. Faremos unha breve introdución á técnica do gouache, mesturando cores e experimentando con diferentes tipos de densidades. Exploraremos en diferentes tipos de papel, entre eles o papel tipo lenzo, para engadir unha carga pictórica nos nosos debuxos de sketching. Tiraremos proveito dunha paleta limitada de cores. Gozaremos e xogaremos con texturas e cores, concentrándonos no pracer de pintar. Incorporaremos elementos mixtos como as ceras ou os lapis de cores.

Maru Godas [+info]

Gouache. Pinceis (sintéticos para acuarela funcionan). Papel de diferentes gramaxes e texturas. Paleta de plástico para misturas. Lapis de cores. Ceras.

Venres, 8 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Cafetería Ferradura
Rúa do Campiño da Ferradura


Descripción

Neste taller traballaremos con códigos pictóricos, de textura e mancha de cor. Usaremos gouache, cargas e papel de lenzo (canvas) para recrear acabados pictóricos nos nosos cadernos.