O meu caderno de viaxe

O meu caderno de viaxe

Obxectivos

Nocións básicas sobre o caderno de viaxe: como enfocalo de xeito creativo. Levarei uns cadernos dos meus inicios e faremos breves apuntamentos con lapis dalgún dos debuxos. Tipos de cadernos e de papeis. Os máis apropiados para sketch. Breve introdución aos materiais que utilizaremos: rotuladores, acuarelas, lapis etc. Nocións básicas de composición a partir da perspectiva, a luz e a cor. O texto como parte relevante do caderno de viaxe. Se o tempo o permite, realizarei un breve apuntamento en caderno do exterior do museo, buscando os puntos básicos de fuga, luz e cor. No interior buscaremos un tema para debuxar.

Ana Grasset [+info]

Caderno DIN A4 e DIN A5. Lapis acuarelables de cores e rotulador 0,4 marrón. Pincel de auga. Rotulador negro permanente medio para sketch.

Venres, 8 de novembro de 2019

De 10:00 a 13:00 h.

Museo de Historia Natural [+info]
Parque Vista Alegre, s/n
[Mapa]


Descripción

Traballaremos tanto no exterior (arquitectura) coma no interior do museo, partindo duns bosquexos previos en caderno DIN A 4. A base principal do taller irá enfocada ao debuxo en caderno.