Tellados de Santiago

Tellados de Santiago

Espazos

Como compoñer unha escena complexa, do xeral ao particular. Comprender os cambios conceptuais de perspectiva ao mudar o punto de vista a un punto elevado (punto de fuga, liña de horizonte, plano do solo…). Representar e relacionar todos os elementos da composición para establecer unha estrutura coherente en proporcións e formas. Controlar a escala e a sensación de profundidade na composición. Aplicar valores tonais de acordo coa luz e as texturas. Inserción de personaxes na escena.

Hugo Barros Costa [+info]

Papel en formato grande, Din A3. Lapis 2b. Bolígrafos de varios espesores. Acuarelas.

Venres, 8 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Terraza da Facultade de Xeografía e Historia


Descripción

Este taller explorará o encanto da vista aérea, levándonos, asemade, fóra da nosa zona de confort, o punto de vista ao nivel da rúa.