Sábado, 11 de novembro de 2023 |
|
Ás 15:30 h. |
|
Poderá participar calquera persoa maior de idade inscrita no 6º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que non resultase premiada nas edicións anteriores.
Buscamos a esencia da cidade reflectida nunha imaxe do que pasa de pronto ante os nosos ollos, e que, precisamente por estar alí, o/a debuxante pode plasmar no seu caderno. Un detalle, unha idea, unha grande ilustración ou un bosquexo,
o obxectivo é que unha única imaxe capte a temática que se propón neste concurso.
O Premio está dotado con 300 euros para unha única obra. As bases no apartado Información e Normas da Matrícula.