Víctor Aparicio
Víctor Aparicio (Tui)

Estudou Belas Artes e participou activamente na famosa Movida madrileña, co seu grupo Los Coyotes, á vez que expoñía as súas pinturas en galerías e traballaba como deseñador gráfico e ilustrador -son reseñables nesa primeira etapa profesional os seus traballos de cómic para a revista Madriz-.

Desde entón, non parou de traballar a dispersión: tres documentais sobre a fronteira hispano-portuguesa do río Miño; especializarse en labores de atrezo gráfico para películas de directores como Alex da Iglesia; crear toda unha colección de carteis dos lugares por onde tocou; montar e interpretar pequenas pezas escénicas -sainetes-biopic- para Espazo Fundación Telefónica; seguir debuxando cómics; deseñar unas cantas portadas de discos (Ariel Roth, Giant Sand, Vampisoul etc.)… E por suposto seguir ben vivo, despois de trinta e tantos anos no mundo da Música.


https://www.instagram.com/victorcoyoteaparicio/