Licenciado en Belas Artes e Máster en Paisaxismo pola Universidade Politécnica de Valencia, exerceu como docente, deseñador gráfico e, sobre todo, como deseñador e director artístico para a industria do ocio. Realizou por todo o mundo parques acuáticos, temáticos e zoolóxicos. Dende hai anos ten como compañeiro nas súas viaxes un caderno e acuarelas para retratar todo o que atopa nos seus percorridos. Amante da natureza, camiña a miúdo por montañas e sendeiros e polo Camiño de Santiago, onde é frecuente velo cun reto ecolóxico persoal: debuxar o camiño e deixalo limpo de plásticos.