Sarela Lorenzo
Sarela Lorenzo (Betanzos)

Graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, completa a súa formación na Universidade de Aveiro.

O seu traballo céntrase na ilustración científica, sobre todo empregando técnicas dixitais, tendo realizado varias exposicións das súas obras en Galicia e Portugal.

Actualmente, atópase traballando no proxecto "Calendario floral", en colaboración co dúo de violín e chelo Duoprisma, sendo esta unha obra que combina a ilustración botánica coa música barroca do compositor James Oswald, que adicou cada peza do seu "Airs for the Seasons" a unha flor diferente.