Naceu en Ereván, Armenia, no seo dunha familia de coleccionista de arte e lingüistas. Se graduó na Academia Estatal de Belas Artes de Ereván e continuou a súa educación en ilustración na Escola Superior Británica de Arte e Deseño en Moscova.Traballou para varias revistas editoriais como The Washington Post, Die Zeit, The Boston Globe e colaborou con Adobe e National Geographic. Gústalle debuxar con lapis xa que lle dan unha liberdade ilimitada, aínda que tamén lle guste manter un pouco de control sobre o proceso. As súas obras exhíbense en diferentes galerías de todo o mundo, entre elas de cidades como Madrid, París ou Milán.
Como afirma Shaboyan, “a arte visual é unha linguaxe de comunicación e o meu estilo de debuxo é a miña propia linguaxe. É o meu medio físico para ver e percibir o mundo e para expresarlle ao mundo o que vexo. Para min o fundamental na arte visual é a sinceridade. Conmove inmediatamente ao espectador e inspira confianza no autor. Reproducir a harmonía a través do caos e decenas de liñas é un desafío na arte visual. O ruído e as multitudes poden considerarse harmónicos. Os edificios incoloros e idénticos poden crear un ritmo. Cando as túas obras viaxan polo mundo, aparecendo en países nos que ti mesma non estiveches e nin sequera sabes se algunha vez estarás, séntesche “espacial”, máis grande que o teu eu persoal. É coma se te converteses en pequenas partículas e vivises simultaneamente en todos os lugares onde están as túas obras”.