Santiago Ríos
Santiago Ríos (Zaragoza)

É doutor enxeñeiro de minas, na especialidade de xeoloxía, de profesión, e autodidacta no campo da pintura e o debuxo. Ao longo da súa vida sempre mostrou interese polas artes plásticas, pero non foi ata a súa xubilación cando se decidiu a coller os pinceis e a plasmar no papel a súa afección. A música foi tamén unha constante na súa vida, e da combinación de ambas as dúas cousas nace a súa temática pictórica: debuxar orquestras. Leva máis de vinte anos recollendo os movementos sonoros dos músicos en cadernos, e recentemente publicou unha escolma deles.