Cadernista, membro activo e cofundadora dos grupos galegos BoSCQuejeros (Santiago), SketchCrawlGalicia e USKoruña. Arquitecta pola ETSA da Coruña, é profesora de FP. Actualmente imparte obradoiros de ioga e debuxo para nenas e nenos nos que intenta transmitirlle á rapazada as súas dúas paixóns.
Viaxa dende sempre acompañada por un caderno, pero é en 2012, ao entrar en contacto coa comunidade de debuxantes urbanos, cando descobre o gozo de debuxar en grupo, e saber que, esteas onde esteas, sempre haberá alguén con quen compartir pinceis.