Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado (A Coruña)

É un dos mellores debuxantes europeos
 e director do festival de cómic Viñetas desde o Atlántico. Amante do caderno de viaxe como compañeiro nos seus múltiples desprazamentos, publicou varios libros arredor desta disciplina do debuxo, como Belo Horizonte,Carta a Lisboa ou Valdeorras, ademais de realizar durante dous anos para o suplemento dominical deEl Periódico de Cataluñailustracións para artigos sobre cidades do mundo. Como debuxante de cómic, ten publicadas as súas obras en máis de dezasete idiomas, entre elas, Trazo de Tiza, Ardalén–co que conseguiu o Premio Nacional de Cómic en 2013– e, a última polo de agora, Presas Fáciles.



http://miguelanxoprado.com