Ilustradora freelance e cadernista, leva anos traballando no mundo da animación, tipografía, deseño web e fotografía. É unha das debuxantes catalás máis recoñecidas no ambiente dos sketcher, e os seus obradoiros son moi valorados. Ten colaborado con Planeta de Agostini, RBA, National Geographic ou La Caixa, e publicado libros ilustrados, como o máis recente sobre o Parque Güell de Barcelona.
A posibilidade de saír do estudio e debuxar ao aire libre abriulle as portas a un estilo máis pictórico e a concibir o debuxo como unha experiencia narrativa. Adoita traballar mesturando medios secos e húmidos, aínda que os seus favoritos son o gouache e a tinta chinesa.