Jorge Arranz
Jorge Arranz (Madrid)

Nos anos oitenta comeza a debuxar historietas sobre urbanismo na revista Madriz e sobre viaxes na revista Cairo. Desa época son famosas as súas vistas dende as alturas da cidade de Madrid, que se converteron en iconas da capital para unha xeración. Gústalle debuxar o que o arrodea e contar o que descobre. Viaxa debuxando, descubrindo cidades a través do apuntamento directo, en vivo, para logo comunicar a súa experiencia en exposicións e publicacións. Unha das súas paixóns son os trens e debuxar dende as súas fiestras, o que o levou a publicar cadernos de viaxe como En el Ave con humor, El tren de los tebeos, Dibujando el Transcantábrico ou Galicia en Tren.


http://www.jorgearranz.com