É técnico superior e formador en Artes Plásticas e Deseño. Dende 1998, ao longo da súa traxectoria creativa, recolle das súas viaxes a esencia das paisaxes de aire, aquelas que pasan desapercibidas, arraigadas ao seu espazo onírico e real, que son parte importante da súa vida, plasmándoas a través da formación que imparte e da exposición das súas obras artísticas.
Os seus elementos de interpretación son materiais como papel, madeira, barro, metal…, e confórmaos nos campos da encadernación, kirigami, talla en madeira, cerámica e xoiería, dándolles a eses mundos de silencio, voz no respecto e un significado sentimentalmente particular e imperecedoiro.