Naceu en Varsovia, onde estudou na Facultade de Restauración e Conservación de Pintura eEscultura Policromada, ademais de realizar un máster en Belas Artes.
En 1986 obtivo unha bolsa do Ministerio de Cultura de Polonia para residir en México catro anos, ao longo dos cales, ademais de formarse, realizou restauracións en Taxco y Cuauhtinchán. Tras esta etapa, trasladouse a España, onde traballa como restauradora e profesora.
O seu primeiro contacto co mundo do debuxo urbano prodúcese en 2010, a través dun curso organizado polo Círculo Artístico Sant Lluc de Barcelona. Dende aquela, é socia activa docolectivo Urban Sketchers Barcelona e colabora cos USK de Polonia. Actualmente traballacomo profesora de Debuxo e Pintura, e combina este labor con cursos e talleres de caderno de viaxe por todo o mundo.
Participou como instrutora no Simposio internacional de Urban Sketchers en Ámsterdam en 2019, Usk Deutchland-Treffen 2023, Urban Sketching Festival, Świdnica, Polonia, en 2022, 2023 e 2024.