Filóloga e pedagoga, hai moito tempo que se perdeu nos mundos da cor, da forma e da observación para recrealos en pigmentos sobre papel aglutinado por unha pinga de goma arábica e disolto nun mar de auga. Leva traballando coas mans dende que era nena, experimentando coas cores, formas e materiais, para converterse nunha apaixonada da pintura, o deseño, a xardinería e as viaxes.