Descubriu o debuxo urbano mentres traballaba como deseñador gráfico, pois ao longo das súas visitas a diversos países empezou a pintar con acuarelas no seu caderno os lugares que lle interesaban. Nas vacacións e nos momentos de lecer tamén investía o tempo en retratar as súas experiencias, unindo así as súas dúas paixóns: camiñar e debuxar nos distintos camiños de Santiago.
Actualmente, aquela paixón converteuse en profesión a tempo completo. Debuxa, viaxa e imparte talleres, moitos internacionais da man dos Urban Sketchers. Foi un dos instrutores do colectivo seleccionados para acudir ao último simposio organizado en 2023 na cidade de Auckland, en Nova Zelandia.
Segue a debuxar na súa cidade natal, Barcelona, sen deixar de sorprenderse ao encontrar novos lugares para pintar e novos detalles nos que deter a mirada e o pincel.