Xoana Almar e Miguel Penalta coñecéronse nun curso de ilustración no ano 2008 e a partir de aí enfocaron as súas carreiras a pintura de xeito profesional, tanto a nivel individual como de xeito conxunto. No 2013 forman Cestola na Cachola, unha cooperativa de traballo asociado dende a que se adican á pintura, ilustración e muralismo. A día de hoxe as súas obras están por vilas, cidades e aldeas do rural de toda Galicia e teñen presenza na maioría de festivais de actividade muralista, entre eles unha dás súas últimas obras, “A Belloteira”, realizada no ano 2021 dentro do Festival Muro Crítico de Salorino, Cáceres.