Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Sevilla, vive en Cádiz, onde imparte clases de arte e debuxo no ensino público, traballo que combina coa ilustración e o debuxo urbano. Nos últimos anos formou parte de distintos encontros e festivais en España, Portugal e Francia; ten impartido talleres en Sevilla, Cádiz, Barcelona e Lisboa, ademais de participar en publicacións e mostras e realizar reportaxes gráficas como cronista de eventos en distintas cidades. É correspondente do blog Urban Sketchers Spain, cofundadora do grupo Sketchers Bahía de Cádiz e integrante de Garabattage Ilustra, en Sevilla.
Concibe o acto de debuxar como unha maneira de entender a vida, un medio para medrar e coñecerse. O caderno é, para ela, un compañeiro inseparable.