Calros Silvar
Calros Silvar (Ferrol)

Licenciado en Belas Artes pola Universidade Autónoma de Madrid, traballou durante máis dunha década como deseñador de produto do Grupo Sargadelos. É un dos ilustradores naturalistas máis recoñecidos en Galicia polas súas publicacións na editorial Baía. Dende finais dos anos setenta ata a actualidade, traballa como ilustrador independente para diferentes medios de comunicación, como humorista gráfico e caricaturista, e colabora en editoriais e publicacións de renome. É monitor de cursos de debuxo, montaxe audiovisual e ilustración da natureza para a A.C. Alexandre Bóveda da Coruña, a Federación de Agrupacións Culturais, C.G.A.C., S.G.H.N. e CEIDA.


https://calrossilvar.com/