Blanca Escrigas
Blanca Escrigas (Ferrol)

Arquitecta de profesión, a súa afección pola pintura nace na infancia, aínda que foi mentres estudaba na universidade cando comezou a súa verdadeira paixón polos trazos en acuarela. É autodidacta nesta arte, que combina con outra das súas paixóns: o surf. Realiza sempre os seus traballos en acuarela porque con ela, segundo afirma, logra un trazo preciso pero informal e solto asemade. Con esta técnica recibiu numerosos premios de pintura e expuxo as súas obras en Galicia e Madrid.