Aurora Villaviejas
Aurora Villaviejas (Sevilla)

Dende nena vive acompañada polos seus lapis e pinceis; defínese como «debuxanta» autodidacta, e confesa que aprende decotío observando o traballo doutras persoas e o que a arrodea, de aí que se considere «multididacta».

Para ela, o debuxo, alén dunha forma de expresión, é unha filosofía de vida, que a leva a parar a reflexionar, observar o que ten arredor, atopar novos puntos de vista das cousas, pensar, comunicar, meditar, compartir, crear, vivir... Nas súas propias palabras: «O debuxo é o que son e eu son o que debuxo».


https://auroravillaviejas.com/