Licenciada en Físicas pola USC e docente de Tecnoloxía no IESP A Cachada de Boiro. De nena estudou debuxo e pintura co arquitecto técnico Joaquín Villalba, pero non foi ata moitos anos despois cando recuperou esta afección no seu tempo libre. Practica o óleo e acrílico sobre madeiras de praia (crebas). Adicta ao cómic costumista e ao rural lugués, publicou en 2019 a súa primeira novela gráfica sobre as mulleres da Terra Chá- Madialeva. Viaxa seguido na procura de recunchos e xeografías humanas que plasmar nos seus cadernos e pezas audiovisuais, eido no que colabora coorganizando o Festival Audiovisual Escolar Olloboi.