Licenciada en Deseño e Produción Visual pola IADE Creative University, é profesora de Artes Visuais dende 1981. Formouse como cadernista no curso De Vuelta con el Cuaderno, da Escola de Artes de Zaragoza. Na actualidade imparte workshops, cursos e conferencias sobre o caderno e participa en mostras en Portugal, España, Marrocos, Italia ou O Brasil. Foi coordinadora do grupo Oeste Sketchers, membro dos Urban Sketchers Portugal e é autora do libro Uma semana na cozinha.
Para ela, o caderno é unha maneira de gozar do mundo e dos amigos, onde o tempo non se rexe polo reloxo senón polas liñas dun debuxo.