Estudou Belas Artes en Madrid pero considérase autodidacta na arte da acuarela. Principiou con esta técnica inspirada por artistas como Sorolla, Turner, Sargent, Fortuny ou Tapiró. Unha bolsa en Italia abriulle os ollos da arte, e o traballo na Bienal de Venecia ofreceulle a oportunidade de definir o seu estilo definitivamente como acuarelista.
É profesora e compaxina esta actividade co estudo persoal para superarse e, asemade, a creación de obras e series. Expuxo en galerías e feiras de Madrid, Barcelona, Venecia ou Varsovia.