Amelia Palacios
Amelia Palacios (Pontevedra)

Artista plástica e ilustradora, descubriu moi nova a súa vocación pola expresión artística. O debuxo foi sempre a súa maneira de aprender, esculcar e entender a realidade.

Estudou Arquitectura en Madrid, ao tempo que facía as súas primeiras exposicións de pintura. A conxunción de ambas as dúas facetas queda de relevo nos seus debuxos, de estilo persoal e trazo enérxico e decidido.

Dende 2014 vive no Porto. Debuxa de forma obsesiva e expón a súa obra con frecuencia en Galicia e Portugal.


http://www.ameliapalacios.com