Alfredo
Alfredo (Asturias)

Cando a afección polos cadernos de viaxe e os movementos de ilustradores urbanos aínda non estaban de moda, Alfredo xa saía á rúa con papel e lapiseiros de cores para retratar as cidades. Aos seus máis de oitenta anos pode dicirse que é o decano deste movemento, cun estilo moi persoal e esquemático que, con moi poucas liñas e unha grande expresividade, o leva a plasmar, coma se dun lampo se tratase, unha cidade, un recanto, uns personaxes... Ademais de crear os seus cadernos, desenvolveu unha gran carreira no mundo da publicidade en América e España, e ilustrou máis dunha trintena de libros, entre eles un sobre o Camiño de Santiago, con preto dun cento de ilustracións.


http://alfredoilustrador.blogspot.com