Provén dunha familia vinculada á arte. Ao ter un pai pintor na casa, dende nena amosou interese polas artes plásticas.
Tras cursar o Bacharelato de Artes na Universidade Laboral de Xixón, estuda Artes gráficas na Escola de Arte de Oviedo, onde se especializa en diversas técnicas, en particular en serigrafía téxtil.
Rematados estes estudos, empeza a traballar en talleres de estampaxe e imprentas, ao tempo que imparte talleres en colexios e pequenos colectivos. Durante esta etapa, segue a formarse no eido do deseño e a encadernación, e investiga sobre novas técnicas de estampaxe e creación.
Na actualidade traballa no seu taller, na localidade de Cabranes (Asturias), onde realiza sobre todo estampaxe téxtil e traballos para outros artistas gráficos.