Alán Ramiro
Alán Ramiro (California)

A súa paixón por crear, conectar e servir levouno a viaxar da arquitectura, que exerceu durante dez anos nos Estados Unidos, ao urban sketching.

En Roma, un desafío cos intricados detalles das fachadas dos edificios históricos púxoo no camiño dunha nova técnica que aplica nos seus talleres: debuxar primeiro as sombras e a partir de aí empezar a completar a ilustración; deste xeito engádeselle liberdade e enerxía á imaxe.

Viaxou por máis de trinta países e impartiu talleres en moitos deles, animando os alumnos a incorporar á súa arte as experiencias persoais. Para Alán Ramiro, o debuxo urbano non é só un pasatempo, senón unha maneira de honrar o presente. 


https://seethelines.com/about/